Seis barbudos entraron nunha panadaría. o panadeiro caeu co susto. os clientes estaban aterrorizados. aqueles barbudos non podían buscar nada bo! con axuda das ilustracións, que evolucionan dunha ambientación escura e inquietante cara a imaxes coloristas e alegres, este conto dá unha lección do enganosas que poden ser as aparencias e de como estas crean prexuízos inxustos. por norma xeral, non é bo deixarse levar por primeiras impresións.
