Sempre vai frío na estación de autobuses. aquel frío que xea a amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, que todas as noites lle conta a anxela, a súa filla dun ano, todo o que alí lle aconteceu. aquel frío que persegue a uxío, o rapaz louro, que pasa camiño do adestramento, desacougado tras a perda da moza e o divorcio dos seus pais. aquel frío que atenaza a luís, o home do paraugas, o profesor de instituto, afundido na soidade, que agarda polo seu autobús. as vidas dos tres cruzaranse cando amanda teña que limpar unha pintada nunha das plataformas de chegadas: «when will those clouds all disappear?».
